Os produtos das Mariñas coruñesas chegan a Madrid Fusion

La Voz ABEGONDO / LA VOZ

A Coruña

Cinco asinas participan neste escaparate grastronómico

30 ene 2019 . Actualizado ás 19:31 h.

Cinco emprendedores da Reserva As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo exhiben os seus produtos estes días na decimoséptima edición de Madrid Fusion. Participan neste escaparate da gastronomía internacional Daterra (Miño), dedicada a produtos hortícolas como a cebola chata ou a pataca kennebec; A Castrexa (Cambre), que produce mel, marmeladas e viño, entre outros produtos; Agreco Galiza (Bergondo), dedicada á agricultura ecolóxica; As Camposeiras (Oleiros), que elabora conservas artesás, e Lorenzo Bescansa (Betanzos), de branco lexítimo. En Madrid Fusion contan cun espazo para mostrar os seus produtos e nel recibiron a visita de Manuel Oñorbe, representante de Parques Nacionais. O presidente das Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, móstrase «orgulloso» de que os produtores da comarca avancen cara á súa visibilización e indicou que «son un exemplo» para que nazan outras iniciativas similares «baseadas na potencialidade do territorio».