Carfrisa reforza a súa orientación profesional no sector hostaleiro
Con máis de medio século ofrecendo solucións industriais, Carfrisa segue consolidándose como un referente no mundo do deseño e a fabricación de mobiliario en aceiro inoxidable

Como empresa líder no deseño, fabricación e instalación de mobiliario en aceiro inoxidable, Carfrisa conseguiu en cada un dos seus 50 anos de historia, dar unha resposta óptima e de calidade a proxectos realizados a medida, combinando funcionalidade, durabilidade e unha estética innovadora.
Nun sector tan competitivo e esixente como o da hostalería e o da industria alimentaria, contar cun equipamento adaptado ás necesidades de cada cliente é clave para garantir a eficiencia e a viabilidade de calquera negocio.

Múltiples opcións adaptadas a necesidades únicas
A gama de produtos que ofrece Carfrisa é ampla e diversa, abarcando desde cociñas industriais e comerciais, ata mobiliario como fornos, lavalouzas, vitrinas frigoríficas, armarios, mesas de traballo ou sistemas de protección para paredes; sen esquecer as súas solucións orientadas á construción e obra civil como portais, pasamanos ou varandas.
Cada peza é fabricada en aceiro inoxidable de alta calidade, un material dabondo coñecido pola súa resistencia ao uso intensivo, á corrosión e a temperaturas extremas, ademais de contar cunhas propiedades hixiénicas únicas que garanten un investimento rendible e duradeiro dado o seu doado mantemento.
O valor humano marca a diferenza
Carfrisa conta cun equipo profesional de deseño que traballa estreitamente con cada cliente para entender as súas dificultades e proporcionarlles solucións personalizadas que optimizan e melloran a capacidade de cada espazo no que traballan.

O seu equipo de técnicos en instalación, garante unha montaxe perfecta do mobiliario, respectando os prazos establecidos e asegurando un servizo de mantemento eficiente para garantir que as cadeas de produción non se interrompan.
Situada no Polígono Industrial A Grela, na Coruña, conta cunha fábrica de máis de 1.000 m² e unha exposición de produto de 500 m² para asumir as esixencias que xorden en cada un dos seus proxectos. Se buscas elevar o teu negocio, Carfrisa é unha opción na que confiar.
Máis información:
Teléfono: 981 276 055 e na nosa web: carfrisa.com
