O Lugo di adeus a Ander Zoilo

Noelia Seco / M. G. LUGO / LA VOZ

CDLUGO

CEDIDA

O club continúa renovando o seu persoal para a próxima tempada. A chegada de Diego Caballo xa trae consigo saídas

01 jul 2025 . Actualizado á 13:00 h.

O Club Deportivo Lugo informou este martes da non renovación do lateral esquerdo Ander Zoilo. O xogador só asinara por unha tempada e, por tanto, desde este 30 de xuño deixou de estar vinculado co equipo lucense.

Desde a súa chegada ao Ángel Carro, o lateral esquerdo guipuscoano demostrou «unha gran profesionalidade, compromiso e entrega», segundo afirmou o equipo no seu comunicade de despedida. Durante esta tempada, Ander Zoilo xogou un total de 38 encontros oficiais, acadando un global de 3181 minutos. O defensa logrou apuntarse 2 goles e 1 asistencia, asegurándose unha posición fixa dentro do once titular.

O Lugo agradécelle o seu traballo e dedicación durante a súa etapa deportiva no Anxo Carro. Así mesmo, o club deséxalle moito éxito nos seus próximos desafíos, tanto a nivel profesional e persoal.

Para que un saia, outro ten que entrar

O Lugo anunciou a semana pasada a incorporación do ex deportivista Diego Caballo como novo lateral zurdo durante, polo menos, unha tempada (con opción a unha segunda tempada en relación de obxectivos). Un xogador que ,aos seus 31 anos, conta cunha ampla bagaxe competitiva, incluíndo case 90 partidos en Segunda División. Isto convérteo nun substituto de grandes garantías para o equipo que dirixirá Yago Iglesias na tempada 25/26. A súa chegada cobre o oco que deixa Zoilo.