O «1x1» do Lugo ante o Barcelona Atlètic

LA VOZ

CDLUGO

Foron moi poucos os xogadores albivermellos que chegaron ao aprobado na goleada sufrida na casa

04 may 2025 . Actualizado á 16:19 h.

O MELLOR

Lizancos | 5

Aínda que non sen abafos, pechou ben o paso a Dacosta no carril. En ataque intentouno cun par de remates.

UN A UN

Lavín | 5

Pouco puido facer nos catro goles que encaixou e gañou a partida a Cédric nun man a man co partido sentenciado.

Juan Rodríguez | 2

Regalou o 0-1 aos cinco minutos e ese grave erro pesoulle o resto do partido. Demasiado vulnerable.

Erik Ruiz | 3

Tampouco foi capaz de neutralizar o ímpeto e a potencia de Cédric.

Zoilo | 4

Jan Virgili foi un pesadelo para o lateral zurdo, que se incorporou con perigo nalgunha que outra ocasión e non estivo acertado na execución do balón parado.

Dani Vidal | 5

Algunha boa recuperación e sentido co balón nos pés. Foi un dos sacrificados por Seligrat no arranque do segundo período.

Yayo González | 3

Superado e desesperado pola precisión e a velocidade do fútbol dos visitantes.

Jon Ceberio | 3

Desubicado. Rematou ao aire cando na bancada xa case se cantaba o gol.

Jon Cabo | 5

Fabricou a xogada que puido dar o empate ao Lugo pouco despois do 0-1.

Jorge González | 3

Sen opcións ante Jofre. Apenas un par de veces conseguiu sacar o centro.

Raúl Hernández | 3

Non lle faltaron ganas, pero os centrais visitantes gañaron sempre a partida.

Reniero | 1

Deixou ao equipo en inferioridade por unha agresión a un contrario. Imperdoable.

Bryan Mendoza | 5

Foi o xogador de refresco que máis achegou. Puido marcar.

Roger Martínez | 3

Tampouco foi capaz de facerse co mango na medular. Xogou a expulsión.

Marcos Sánchez | -

Sen tempo.

Martín Ochoa | -

Sen tempo.