O Lugo ficha a Carlos Ballesta para ascender e cambiar de imaxe

R. Fernández LUGO

CDLUGO

29 jun 2004 . Actualizado ás 07:00 h.

O Lugo apostou por un adestrador de experiencia contrastada como Carlos Ballesta para atacar de novo o obxectivo do regreso á Segunda B. José Durán, que dirixiu ao equipo durante a segunda volta, será o segundo adestrador e preparador físico na nova era branquivermella. A directiva do Lugo optou por romper con todo vestixio do pasado e iniciar unha nova etapa cun completo cambio de imaxe. Ballesta creceu no colo de Arsenio no Dépor e forxouse en mil batallas co filial. Tras dirixir ao Compostela, a pasada campaña fichou polo Calahorra de Segunda B. «O que me decidiu a aceptar foron as palabras da nova directiva, que me expuxo un proxecto ilusionante e serio para levar ao Lugo ao bo camiño», valora o técnico.