Música, patrimonio, deporte e moita diversión na programación de Zas para o verán
ZAS

Comezará este mesmo sábado cunha festa infantil no campo de fútbol San Andrés
26 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Ata setembro • Concertos, citas deportivas, excursións, visitas ao patrimonio arqueolóxico de Brandomil, andainas... O Concello de Zas vén de presentar a súa programación cultural para este verán, un catálogo pensado para tódolos gustos, idades e públicos —apunta o alcalde, Manuel Muíño— que comezará este mesmo sábado cunha gran festa infantil no campo de fútbol San Andrés. Será de catro a oito da tarde e haberá inchables, festa da escuma, obradoiros, música e unha merenda con flocos de millo.
A partir de entón, haberá propostas musicais nas Torres do Allo e en Brandomil, circo en Fornelos, Día da bici, cursos de natación, un trail nocturno, moita actividade nas Torres do Allo, andainas, unha excursión ao Aquapark, percorridos polo xacemento romano ou unha intensa semana cultural que precederá á cuadraxésima edición da Festa da Carballeira de Zas.
En detalle
Xuño
- 28 | Festa infantil en Zas
Xullo
- 12 | Música nas Torres: Os Monifantes
- 19 | Concerto na Ponte: Comando Coruxás
- 20 | Día da bici
Agosto
- 2 | Circo Henriko na Fonte de Fornelos
- 4-9 | Semana Cultural
- 16 | Trail nocturno Cova do Lobo
- 18 | Excursión ao Aquapark
- 21 | Mercado de San Ramón nas Torres do Allo: sesión vermú con Unto Vello e concerto de Cé Orquesta Pantasma
Setembro
- 7 | Trofeo de Fútbol Concello de Zas
Xuño-Setembro
- Cursos de natación nas piscinas municipais de Zas e Baio
- Visitas teatralizadas nas Torres do Allo a cargo de Os Quinquilláns
- Escapismo nas Torres do Allo
- Exposición temporal «Riobóo, a saga do Allo», tamén no pazo
- Andainas de verán «Zas a pé», os días 12 e 19 de xullo e 1 de agosto
- Visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico de Brandomil: os luns, mércores e venres entre o 15 de xuño e o 31 de agosto