Medio cento de xinetes na primeira Ruta Cabalar de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

En torno a duascentas persoas participaron no xantar posterior ao percorrido

27 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A primeira Ruta Cabalar de Zas saldouse onte cuns douscentos comensais e con arredor de cincuenta xinetes participantes.

Co pavillón polideportivo da capital municipal como punto de partida, e cun tempo que respectou a maior parte do percorrido, os cabaleiros tomaron dirección cara a carballeira e, dende alí, deica localidades como A Devesa, Froxán, Rial ou As Edreiras antes de retornar a Zas.

Logo de tan intenso percorrido, e de chamar a atención de veciños, viandantes ou afeccionados do mundo equino, os xinetes gozaron dun xantar a base de paella e churrasco cociñado por voluntarios, e de música a cargo do dúo Show e DJ Tincinho.