Tiña 84 anos e foi enterrado onte
04 dic 2025 . Actualizado á 10:30 h.Ventura Tomás Mariño Tajes faleceu en Cereixo (Vimianzo) aos 84 anos. Foi enterrado onte mércores no cemiterio parroquial. Deixa viúva, Sabine Pfeiffer; dous fillos, dous fillos políticos e tres netos. Era fillo dun perito industrial de Corrubedo, aínda que levaba toda unha vida en Cereixo.
Ventura Mariño foi o impulsor e director, xa desde os anos noventa, da empresa Derivados do Monte (Dermont, do grupo Soaga), situada en Vilaseco (Castrelo, Vimianzo), especializada en fabricación de substratos para viveiros forestais, hortícolas e xardinería.