
Apunta o Concello que máis de cincocentas persoas participaron nalgunha das actividades do festival cultural
10 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Malia que aínda queda algunha actividade pendente, o festival Vimianzo M.O.L.A. (murais, oralidade, literatura e arte) pechou o domingo a súa primeira edición con cifras que dende o Concello valoran de xeito moi positivo. Segundo explican, máis de cincocentas persoas participaron nalgunha das actividades do festival, «o que supón un éxito nesta primeira edición», valora o consistorio.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, amosou a súa satisfacción polos resultados obtidos nesta edición e agradeceu o apoio das institucións colaboradoras, así como o esforzo do equipo municipal e do tecido cultural local. Así mesmo, recalcou a boa acollida que a proposta tivo entre as librarías e o «entusiasmo» que, en xeral, amosou o público.
Nomes destacados do eido literario como Manuel Rivas, Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Alberto Mancebo ou a comunicadora Patricia Blanco, así como Pablo Rivero ou Amets Arzallus, participaron nesta primeira quenda de actividades, máis aínda está pendente o pintado de dous murais de gran tamaño en Bamiro e na capital municipal, que se retomará en canto as condicións meteorolóxicas o permitan.
Ademais, mañá representarase unha función especial da obra Castelao, de Culturactiva, para público escolar.