Os «Trappalleiros» gañan o torneo de fútbol 7 organizado polo Soneira

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Venceron ao Ciclonciños na final dunha competición na que participaron 18 equipos

14 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

As Cabreiras puido acoller esta fin de semana a última competición aínda con ese nome, pois o campo de fútbol de Vimianzo podería cambiar de denominación tras a reforma coa que se renovará, entre outras cousas, o céspede artificial.

Aínda sobre o antigo, o sábado levou a cabo o cuarto Maratón de Fútbol 7 Mixto organizado polo Soneira. Un evento que vai crecendo ano a ano e no que competiron, esta vez, 18 equipos chegados de toda a comarca e máis aló. Gañou o SD Trappalleiros, formado por mozos futbolistas de Cerqueda e A Coruña. Impúxose na final ao Ciclonciños, con xente de Mazaricos, Outes e Esteiro. O terceiro caixón do podio ocupouno o Vodka Júniores, que gañou no partido polo bronce ao Cana e Gol. En total, repartíronse 2.000 euros en premios, cunha recompensa de 1.200 para os campións.

O único equipo mixto foi o anfitrión Vos Irmandiños, con xogadores e xogadoras do Soneira xunto a directivos e colaboradores. De branco, volveu vestir, de feito, Miguel Figueira.

Resultou en Vimianzo unha xornada ben completa, pois arrincou ás 09.00 horas e non rematou ata o final da tarde. Xa agarda pola quinta edición.