
Os interesados en participar no Gran Fondo Ézaro teñen ata este martes para anotarse
01 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Busca plan para hoxe? Aquí unhas cantas recomendacións vinculadas á Costa da Morte.
Vimianzo • Na semana do Asalto ao Castelo, comeza este martes unha nova edición dos Pinchos Irmandiños, con quince establecementos hostaleiros participantes. Trátase de petiscos cos que desfrutar ao mediodía e á noite, por un prezo atractivo e con opción de premio.
Laxe e Cabana • Ambos concellos propoñen para esta xornada ioga gratuíto na praia. En Laxe, hai que anotarse (981.70.69.03). Será ás 20.00 horas no areal dos Cristais. En Cabana, no Pendón dende as 19.00, haberá que levar esteira. En caso de choiva, trasladarase ao pavillón municipal.
Carballo • Abre o prazo para a reserva de entradas gratuítas para ver ao Mago Antón o venres 11 na Praza do Concello ás 13.00, 17.00, 18.30 ou 20.00. Dende ás 9.00, na billeteira do Concello, será posible facelo.
Soandres • Rematan as festas de San Pedro, hoxe na honra de San Antonio, con solemne ás 13.00 e sesión vermú co grupo Alborada.
Ourense • No espazo de arte de Roberto Verino inaugurará mostra o artista carballés Josecho González: Geometrías, ás 19.00.
Dumbría • Última oportunidade para anotarse á esixente proba ciclista do Gran Fondo Ézaro (ata as 23.59) en www.granfondoezaro.com. Será este domingo.