Panorama, París de Noia e cambio de localización das festas de Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Orquestra París de Noia
Orquestra París de Noia BASILIO BELLO

Os festexos pasarán da praza do Concello ao entorno da Casa da Cultura por cuestións loxísticas

28 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 8 ao 11 de agosto • Falta aínda mes e medio para celebrárense, pero a comisión de festas de Vimianzo xa deu a coñecer o cartel para os seus festexos centrais do mes de agosto, que durarán catro días e que este ano, como novidade, abandonarán a Praza do Concello para trasladarse a outro espazo da vila. Segundo explican dende a entidade, nesta edición os festexos moveranse ao entorno da Casa da Cultura «por cuestións loxísticas», din: «Sabemos que o lugar é diferente, pero as ganas de festa son as mesmas de sempre, así que agardamos vervos a todos e todas alí, gozando coma nunca!», engaden os organizadores. 

Os festexos comezarán o venres 8 cunha primeira noite de verbena amenizada pola orquestra París de Noia e o grupo Máster.

O sábado 9, a xornada comezará con pasarrúas animados pola asociación tradicional Trubisquiña e pola Banda de Música de Ponteceso. Á unha da tarde celebrarase unha misa solemne pola Virxe do Carme e a continuación dará comezo unha sesión vermú amenizada polo dúo D'Festa. E pola noite, máis verbena coa espectacular orquestra Panorama e a discoteca móbil Full.

O terceiro día comezará tamén cun pasarrúas, desta banda animado pola agrupación Os Farrapos de Cesullas, e proseguirá cun oficio na honra de San Roque, á unha da tarde. Veneguay porá a banda sonora á vermú, e La Fórmula e Principal, aos festexos nocturnos.

A cuarta e última xornada, a do luns 11, será o Día do Neno, desta banda na Praza do Concello e con DJ Rokiño.