
Está dirixida aos maiores de 55 anos e o número de prazas dispoñibles é limitado
26 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.30 de setembro ao 7 de outubro • O Concello de Vimianzo abre, dende hoxe mesmo, o período para que maiores de 55 anos do municipio se inscriban a unha excursión á Costa Brava que se celebrará do 30 de setembro ao 7 de outubro do presente ano. As prazas son limitadas e iranse cubrindo por orde de chegada, así que cómpre que os interesados formalicen as súas inscricións canto antes. Poderán facelo na área de Benestar Social do Concello, aportando un DNI válido para poderen formalizarse os billetes de avión para a viaxe.