
A xunta local da AECC prepara para o sábado 10 de maio unha nova edición da súa andaina solidaria
15 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro en Vimianzo prepara para o próximo mes de maio unha nova actividade solidaria co obxectivo de recadar fondos para a investigación da enfermidade. Trátase dunha nova edición da súa andaina solidaria, que se celebrará o sábado día 10 e que partirá ás catro e media da tarde da igrexa de Berdoias para percorrer cinco quilómetros e medio do Vieiro Fidalgo: a ponte sobre o Vao Pedroso, os petróglifos de Boallo ou a carballeira de San Roque son ningúns dos puntos de interese que hai polo camiño. Anotarse para participar costa cinco euros (tres para nenos).