0003_202405C21C8993

O valor dos secretos paso a paso

Xosé Ameixeiras
X. Ameixeiras CARBALLO

VIMIANZO

AMEIXEIRAS

O Abaladoiro | O sábado empezou o programa de andainas para descubrir os Recunchos de Vimianzo a pé

21 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Andar por Vimianzo é como viaxar no tempo paso a paso. O sábado empezou o programa de andainas para descubrir os Recunchos vimianceses a pé. Medio centenar de persoas desafiaron a choiva para lanzarse á aventura de descubrir tesouros do patrimonio local asesorados por Mariví Amigo e Víctor Santos, coa compaña da edila Mari Pose e o auxilio de Protección Civil.

O primeiro que fixeron foi ir ver os petróglifos do Prado dá Cruz, coas súas combinacións circulares concéntricas, figuras cruciformes, cazoletas e ata unha posible deusa feminina. Custou a subida ao Prado dá Cruz, enigma do sacrificio dos rebeldes por parte dos señores, e o Prado Vello, co seu santuario pagán.

En Somontemio, os camiñantes paráronse ante o círculo concéntrico máis grande da Costa da Morte, 106 centímetros. O Pazo de Trasouteiro, onde por unha vez a capela estaba aberta, a fervenza de Cubes e as do río Cambeda e os seus muíños foron algúns dos segredos do val dos que gozaron os camiñantes.