Xornada de vendima e oficios tradicionais no CRA de Ponteceso

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

PONTECESO

CRA NOSA SEÑORA DO FARO

Participaron rapaces dos colexios do CRA, da escola infantil Folerpas e do centro de Aspronaga

14 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O CRA Nosa Señora do Faro volveu celebrar unha nova Festa da Vendima e da Muller Rural, unha actividade que impulsa ao abeiro do proxecto Voz Natura e na que este ano participaron, ademais dos alumnos de tódolos centros adscritos ao CRA, estudantes da escola infantil Folerpas e do centro de educación especial que ten Aspronaga na Coruña.

Celebrouse nas instalacións de Brantuas e colaboraron a veciñanza, familiares, antigos alumnos e os concellos de Malpica, Ponteceso e Cabana. E non só sobre a vendima aprenderon os pícaros, senón tamén sobre todo tipo de oficios e actividades tradicionais como a esfolla do millo, a cestería, o trenzado de cebolas e allos ou o marisqueo.

«Xuntouse un grupiño que aportou moitísimo coñecemento», explica Rosa Barreiro, agradecida pola colaboración. «Merendamos todos xuntos e foi unha xornada ben bonita», conclúe a directora.