
A comisión de festas de A Barquiña, pola súa banda, anunciou a cancelación das bombas de palenque e os fogos artificiais
03 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Xa está operativa en Ponteceso unha das dezaseis oficinas de axuda aos afectados polos incendios que a Xunta impulsa por toda Galicia.
O servizo estará atendido por persoal técnico das consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente, e nel proporcionarase información sobre as distintas liñas de axuda que a Administración autonómica abriu para contribuír a recuperar a normalidade nas zonas afectadas polo lume.
O alcalde pontecesán, José Manuel Mato, agradece a colaboración da Xunta e anima aos veciños para facer uso deste novo servizo.
Festas dá Barquiña
Pola súa banda, a comisión de anunciounas Festas da Barquiña onte a cancelación dos fogos artificiais e das bombas de palenque durante os festexos por recomendación das autoridades e por responsabilidade ante a situación que se está vivindo en Galicia cos incendios. «Somos conscientes de que os fogos son un momento especial, pero nestes momentos a seguridade, prevención e respecto polo medio deben estar por amais», din.