Mellora da seguridade viaria no núcleo de Ameixenda, Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

CONCELLO DE PONTECESO

O Concello renovará o firme e a sinalización

04 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Ponteceso puxo en marcha uns traballos para mellorar a seguridade viaria no núcleo de Ameixenda, concretamente nun camiño que dá acceso á AC-419 e que adoita ter bastante tráfico. O consistorio reporá o firme e renovará a sinalización en virtude dun convenio de colaboración asinado con Agader.