Unha motorista resultou ferida nun accidente en Ponteceso

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

SANDRA ALONSO

O accidente produciuse este luns na céntrica Avenida Bergantiños da capital municipal

30 jun 2025 . Actualizado á 17:54 h.

Unha motorista resultou ferida como consecuencia dun accidente de tráfico ocorrido este luns na avenida de Bergantiños de Ponteceso. A alerta activouse ao redor das dúas menos cuarto da tarde á altura dun paso de peóns. Un vehículo freou para deixar pasar a un viandante cando a motorista que ía xusto detrás impactou contra o turismo pola parte traseira. Como consecuencia desta colisión por alcance, a muller resultou ferida e foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario para ser tratada das feridas. Acudiron GES de Ponteceso, Policía Local, Protección Civil e persoal do 061.