Muxía, Bergan B e Corme perseguen a un infalible Tordoia

Antón Lestón
Antón Lestón CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

BASILIO BELLO

NAs Eiroas, o filial rojillo goleou ao Dumbría (4-1)

02 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O rendemento dos equipos da Costa da Morte na Segundo Galega feminina está a ser excelente neste primeiro terzo da tempada. Muxía (2.º), Bergantiños B (3.º), Corme (4.º), Cee (8.º) e Dumbría (9.º) loitan na metade alta dunha táboa encabezada polo Tordoia, que está a esmagar aos seus rivais e suma dez vitorias en dez xornadas, con 54 goles a favor e 12 en contra.

NAs Eiroas, o Bergan B gañou esta fin de semana ao Dumbría (4-1) con protagonismo para Julia Varela cun dobrete. As rojillas quedan a dous puntos do Muxía, que goleou na Coruña ao Victoria C (1-5), e a sete do Tordoia.

Iso si, as Rojillas e o Corme, que perdeu fronte ao San Lázaro (1-0), aínda non descansaron.

Nunha entretida segunda parte, o Cee gañou ao Unión Campestre (2-1).