
O deputado do BNG pola Costa da Morte, Óscar Insua, rexistrou no Parlamento autonómico varias iniciativas
13 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.O deputado do BNG pola Costa da Morte, Óscar Insua, rexistrou no Parlamento autonómico varias iniciativas, nas que demanda á Xunta a incorporación á rede de transporte público unha ruta de autobús diaria (ida e volta) que conecte directamente Muxía con Santiago e A Coruña, cunha duración non superior a hora e media.
Desde o Bloque sinalaron que os itinerarios e horarios publicados polas empresas adxudicatarias, «Monbús e Arriva» atópanse «moi lonxe do que os veciños e veciñas da comarca demandan».
Os nacionalistas explicaron que o actual traxecto entre Muxía A Coruña, adxudicado á empresa Arriva, ofrece viaxes de entre dúas e tres horas de duración, con 32 e 47 paradas, segundo os días e as horas. O mesmo sucede con Monbús para ir a Santiago, con viaxes de entre unha hora e 45 minutos e tres horas e máis de 30 paradas.