
Falan de malos cheiros e presenza de moscas
07 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Un hostaleiro muxián quéixase dunha suposta falta de limpeza e ornato nos colectores do lixo que ten fronte ao seu local. Segundo el, algúns días non se baleiran, e outros é tal o cheiro e hai «tantas moscas», que este verán algún cliente «se ergueu e marchou da terraza». Sinala así mesmo que «non veñen barrendeiros» e que son eles mesmos os que nalgunha ocasión limpan a rúa.
Desde o Concello apuntan que o colector verde baleírase a diario (o resto, segundo a necesidade que vaian tendo) e que esta semana farán unha nova limpeza de colectores, tras a realizada «xa no mes de xuño».