
«Levamos tempo insistindo aos diferentes gobernos na necesidade de elaborar un plan municipal de mantemento ou, alomenos, de facer labores periódicos e coa previsión necesaria», apunta o portavoz
08 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.O BNG de Muxía denunciou o mal estado de acceso a praias e lugares do municipio. A pesar de o seu valor paisaxístico, aseguran os nacionalistas que, debido á falta de mantemento, son un perigo para usuarios e causan «indignación» entre veciños e visitantes. Como exemplos, a baixada á praia de Barreiros, as pasarelas de Area Maior ou o acceso a persoas con mobilidade reducida da Cruz, competencia da Xunta desde o 1 de xullo. Tamén aluden ao firme e a accesos sen rozar en Lourido ou Vilaverde. Reseña ademais o BNG vivendas en estado ruinoso. «Levamos tempo insistindo aos diferentes gobernos na necesidade de elaborar un plan municipal de mantemento ou, alomenos, de facer labores periódicas e coa previsión necesaria», apunta o portavoz do BNG, Mercé Barrientos.