
Haberá unha homenaxe á cantareira local, protagonista das pasadas Letras Galegas, Eva Castiñeira
01 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O cámping Lago Mar de Muxía, no seu cometido por ser punto de encontro para a cultura galega na Costa da Morte, ademais dun lugar agradable para o descanso e goce da natureza, trae un novo mes cargado de actividade. En xullo serán moitos os concertos, pero tamén haberá unha charla, unha foliada e, sobre todo, unha homenaxe á cantareira local, protagonista das pasadas Letras Galegas, Eva Castiñeira. E do 7 ao 13, as instalacións muxiás acollerán unha nova Semana da arte con exposicións, performances e mostras en vivo.
Actuará a banda de blues e soul en galego Allo Negro. O ciberfunk chegará da man de Stereo Madness. Zeltia, Diana & Dani; Claudio H., Retro Tool, Kreze ou Lluvia serán algúns dos espectáculos musicais. Tamén se vivirá a maxia con Golden Magic.
A charla versará sobre as festas máis populares da Costa da Morte. Será a primeira actividade, mañá ás 18.00 horas. E o recoñecemento a Eva Castiñeira basearase nunha panillada polos cen anos do seu nacemento.