O Camiño marítimo trae á Costa da Morte a uns 150 peregrinos navegantes en 25 veleiros
MUXÍA

Partiron dA Rochelle, na costa occidental francesa, o pasado 6 de xuño
28 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Onte pasaron preto do cabo Fisterra e atracaron en Muros. Pero antes facíano en Muxía o xoves, e en Laxe, o mércores. Son 25 veleiros cuns 150 «peregrinos navegantes» a bordo que escolleron unha dos xeitos máis especiais para facer o Camiño.
Partiron dA Rochelle, na costa occidental francesa, o pasado 6 de xuño e a súa travesía por mar concluirá o vindeiro luns en Vilagarcía de Arousa, desde onde emprenderán unha camiñada ata Santiago de Compostela para chegar á Praza do Obradoiro o martes 1 de xullo.
Tanto en Laxe como en Muxía desembarcaron para coñecer a pé os recunchos máis especiais de ambos os municipios e a súa rica gastronomía.
É unha edición especial deste Camiño a Vela, pois se trata da décima. Durante a travesía, comprometida co coidado do medio ambiente, calcula a pegada de carbono grazas a un proxecto da Universidade de León. Ademais, esta iniciativa colabora coa campaña «A Vela contra a ELA».