
A gala final desta iniciativa será hoxe, ás 10.30 horas, na Punta da Barca
19 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 10.30 horas • Ulex, Malleira e o Grupo folk da Escola de Música de Cee serán hoxe os artistas convidados á gala de clausura do proxecto Falemos+ Galego, prevista para as 10.30 horas na Punta da Barca (Muxía), e presentada pola regueifeira coristanquesa Lupe Blanco. Participan da iniciativa os centros Lamas de Castelo (Carnota), A Picota (Mazaricos), Fernando Blanco (Cee), Agra de Raíces (Cee), Manuel Rial (Cee), Nosa Señora do Carme (Fisterra), Ramón Caamaño (Muxía), Terra de Soneira (Vimianzo), Pedra da Aguia (A Ponte), Maximino Romero (Baio), Eduardo Pondal (Ponteceso), Fin do Camiño (Fisterra), As Revoltas (Cabana), Urbano Lugrís (Malpica) e Parga Pondal (Carballo). Máis alá das actuacións, o centro centrarase na resolución do concurso convocado entre o alumno, para a creación dun lema, un logo e un vídeo en defensa da lingua galega. Veñen traballando dende novembro nesta vía para promover o orgullo de pertenza á Costa da Morte e a normalización do idioma.