Os bombeiros atopan a un home de 88 anos falecido na súa casa de Muxía

m. r. s. CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

PROTECCIÓN CIVIL DE MUXÍA

Unha familiar alertou da súa desaparición tras levar desde o pasado mércores sen saber nada del

25 may 2024 . Actualizado á 21:51 h.

Bombeiros de Cee atoparon na tarde deste sábado a un home de 88 anos falecido na súa casa de Suxo, lugar de San Martiño de Ozón en Muxía. Os profesionais do parque comarcal foron mobilizados ao domicilio ao redor das seis, despois de que unha familiar do muxián alertase da súa desaparición tras levar desde o pasado mércores sen saber nada del. Foi en concreto a súa filla a que deu o aviso.

Os bombeiros accederon ao interior da vivenda a través dunha fiestra. S.F.B. foi achado xa sen vida no seu dormitorio.

Na intervención tamén participaron os voluntarios de Protección Civil e a Policía Local de Muxía, así como o 061 e a Garda Civil de Corcubión.