Mar informou o alcalde malpicán do estudo na dársena

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Reunión entre la conselleira y el alcalde
Reunión entre a conselleira e o alcalde XUNTA

A investigación centrarase no fenómeno da onda longa

05 dic 2025 . Actualizado á 09:03 h.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, informou onte o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, das actuacións que se realizarán para reforzar a seguridade no interior da dársena. Coa Universidade da Coruña asinaron un convenio para realizar ensaios que permitan presentar posibles solucións técnicas que presentará o Centro de Innovación tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. É un modelo físico en tres dimensións. O estudo desenvolverase durante 10 meses, custará 262.000 euros e centrarase no fenómeno da onda longa.