O certame fotográfico de Malpica xa ten gañadores

La Voz

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Javier Villaverde Doval

A portada do calendario do Concello será para a foto «Nai carrexeira», de Javier Villaverde Doval

04 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Malpica convocou recentemente o primeiro concurso fotográfico Malpica, natureza en olladas. Esta semana anunciou as imaxes e os autores gañadores. Son as instantáneas coas que se elaborará o calendario do 2026. E a portada será para a foto Nai carrexeira, en homenaxe á escultura do paseo marítimo. É obra de Javier Villaverde Doval, quen recibirá 200 euros. Outras doce persoas, unha por mes, recibirán 60 euros cada unha.

O xurado, integrado por dous concelleiros e a fotógrafa local Irina Bastón, valorou a orixinalidade e a posta en valor dos espazos emblemáticos da vila. Os participantes optaron por inmortalizar a actividade oleira, os muíños de Ardeleiro, Santo Hadrián, Punta Nariga, o porto ou a praia das Torradas, entre outros lugares.