Moita actividade en Laxe nos meses de xullo e agosto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

BASILIO BELLO

Teatro, monicreques, exposicións, maxia, presentacións literarias, cine e moito máis

03 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Xullo e agosto • Teatro, monicreques, exposicións, maxia, presentacións literarias, cine e moito máis, na programación cultural do Concello de Laxe para este verán.

Segundo o programa que vén de presentar, mañá mesmo comezarán as actividades cunha actuación de hip-hop de Ceibarimas na Praza Ramón Juega (19.30). O sábado e o domingo, sendas sesións de teatro infantil no mesmo lugar, á mesma hora.

Para as seguintes semanas, o consistorio programou máis teatro no Monte da Insua (venres 11), en San Mamede de Sarces (sábado 12), no local social de Traba (domingo 13) e no local social de Soesto (venres 18).

Monicreques na Praza Ramón Juega é a actividade prevista para o sábado 19, mentres que o domingo 20 inaugurarase no Museo do Mar unha exposición sobre o mar de ardora da fotoxornalista de La Voz Ana García.

O mes de xullo concluirá cunha sesión de maxia na Praza Ramón Juega (domingo 27) e cunha presentación literaria de Carmen Villalvilla no Museo do Mar (xoves 31).

O XII Mercado Pirata do venres 1 ao domingo 3, pasarrúas, sesións de cine ai aire libre, unha exhibición de baile, maxia e o XIX Solpor Poético na Praia dos Cristais completarán a programación, xa o vindeiro mes de agosto.