Proxección de varias curtas en Corcubión e festa do Orgullo en Laxe, esta finde

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

LAXE

Día da Diversidade Sexual | Propostas con motivo do Orgullo esta fin de semana na Costa da Morte

27 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Hoxe e mañá • Os xardíns da Casa do Concello de Corcubión acollerán esta tarde, a partir das oito e media, unha proxección múltiple de varias pezas audiovisuais con motivo do Día da diversidade sexual, que se conmemorará mañá internacionalmente. Quen se achegue ao lugar, poderá ver as curtametraxes O que non se agache, de Agustín Segura; Querida miña, de Antía Romero, e Ese lugar partido, Cos meus ollos e Porque non me gusta o xeado de amorodo, de Inés Pintor e Pablo Santidrián.

Ademais, A Ventana, establecemento hostaleiro en Laxe, promove para mañá unha Festa da Diversidade que incluirá unha cabalgata LGTBIQ+ a cargo do colectivo Laxe ten Orgullo (17.00, polas rúas da vila) e un concerto de Henko acústico (23.30). Entrada libre e gratuíta.

En Carballo, ademais, o avogado experto en asesoramento e acompañamento a persoas do colectivo Miguel Vieito participou onte nunha palestra sobre medidas para a igualdade e a non discriminación no ámbito laboral.