Fin do curso deportivo-municipal en Laxe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

O pavillón municipal acolleu unha xornada das escolas

08 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O curso chegou onte ao seu fin para as escolas deportivas do Concello de Laxe. O pavillón municipal acolleu unha xornada na que houbo exhibicións de patinaxe e taekuondo, ademais de partidos de baloncesto, bádminton e fútbol sala entre os mozos e os seus pais. Houbo bastante público, ademais de entrega de diplomas.