O Concello de Laxe adhírese ao programa de compostaxe de Sogama

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Concello de Laxe

Sogama entregou xa ao consistorio 50 composteiros para que os reparta entre as familias interesadas en participar

31 mar 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Laxe comunica a adhesión ao programa de compostaxe doméstica que impulsa Sogama, no que poderán participar residentes en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo para autogestionar a súa materia orgánica e aplicar o compost resultante. A sociedade ambiental enviou ao Concello 50 composteiros e guías prácticas. Haberá, así mesmo, unha charla informativa.