Exercicio de «fisterranía» na presentación literaria de Modesto Fraga 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

FISTERRA

ANA GARCÍA

O encontro en torno á obra foi tamén unha chamada a velar polo patrimonio e a cultura deste recuncho atlántico

27 sep 2025 . Actualizado a las 22:39 h.

«Emocionado e agradecido»: así se confesaba o escritor Modesto Fraga horas despois da presentación de súa nova obra, As almas da fisterranía. Foi na casa, no salón de plenos do Concello, acto que máis alá das letras, que xa é moito, serviu para inzar o orgullo e facer chamada á loita polo patrimonio e cultura dun finisterre que moitos ao longo da historia fixeron grande. Diso van, xustamente, as 300 páxinas. Na imaxe, de esquerda a dereita, Susana Rodríguez, edila de Cultura; Modesto Fraga, autor; Luís Insua, alcalde; Antonio Corbal, creador da revista «Eló!»; Juanma Abelleira, saxo e fotógrafo da portada, e Roberto Traba, sempre poeta. Pode seguir neste vídeo de La Voz como foi a presentación do libro este pasado venres.