Nenos e nenas de Coristanco poderán durmir entre libros

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

Espazo onde poderán pasar a noite os pequenos. A de Coristanco é unha biblioteca viva
Espazo onde poderán pasar a noite os pequenos. A de Coristanco é unha biblioteca viva BASILIO BELLO

Esperta na biblioteca!: ese é o título da iniciativa promovida polo Concello arredor do Día das Bibliotecas

14 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 23 ao 24 de outubro • O Concello de Coristanco, a través da súa biblioteca municipal e dentro do programa Xermolar de conciliación, ten organizada con motivo do Día das Bibliotecas a iniciativa Esperta na biblioteca! Literatura, misterio e diversión, pois pequenos de 6 a 12 anos do municipio vivirán unha noite máxica entre libros. Durmirán, de feito, entre eles.

Do que se trata é de estimular o gusto pola lectura e a imaxinación, de compartir experiencias e crear recordos. A actividade botará a andar o venres 23 ás 19.30: terán xogos de escapismo, o espectáculo Marabillas de Raquel Queizás —a través da Rede Cultural da Deputación—, xogos e outras dinámica. Logo da noite, compartirán un almorzo.

Son 30 as prazas, e hai que estar inscrito no programa Xermolar. As inscricións, dende onte ante o vindeiro 16, no Rexistro Xeral do Concello ou vía sede electrónica.