Avanza a tramitación da mellora da estrada entre Coristanco e Santa Comba
CORISTANCO
A Deputación investirá na redacción do proxecto algo máis de 21.000 euros
04 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.Sacouna Deputación da Coruña a licitación a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada DP 2904, que conecta Coristanco e Santa Comba. Esta obra ten un presuposto de 21.139 euros e centra a súa actuación nos tramos comprendidos entre os puntos quilométricos 6 e 13,5 e desde o 15,3 ao 17,5.
O proxecto debe contemplas a mellora do trazado mediante a eliminación ou a suavización de varias curvas sinuosas que nos últimos anos rexistraron numerosos accidentes.
Ademais, na mesma redacción débese incluír o estudo dos desvíos necesarios para manter o tráfico durante a execución das obras.
A data límites para presentar ofertas será o luns 10 de novembro e as propostas deben formularse a través da plataforma de contratación pública.