O ente provincial redacta un proxecto para facer máis segura a DP-2904 en Coristanco

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

.

O obxectivo é mellorar o trazado mediante a eliminación ou suavización de tramos de curvas sinuosas

28 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Deputación vén de publicar a licitación, por importe de 25.579 euros, da redacción dun proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-2904, que conecta Coristanco e Santa Comba. O obxectivo é mellorar o trazado mediante a eliminación ou suavización de tramos de curvas sinuosas nos que se produciron diversos accidentes nos últimos anos pese ao bo estado do firme da calzada. O proxecto estudará técnica e economicamente posibles variantes de trazado nos tramos con maior sinistralidade, co fin de garantir unha circulación máis segura para os usuarios desta «vía de comunicación estratéxica na comarca». A actuación dá cumprimento ao compromiso adquirido polo presidente da Deputación, Valentín González, co alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, quen solicitase a intervención. A deputada provincial, Mónica Rodríguez, percorreu a zona con técnicos do servizo provincial de estradas.