O prazo para solicitar praza na EIM de Corcubión abrirá o próximo día 15
CARBALLO / LA VOZ
CORCUBIÓN

O horario que ofrece é de 7.30 a 15.30 horas
06 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Concello de Corcubión informa de que o martes 15 deste mes abrirá o prazo para solicitar praza na escola infantil municipal (EIM) de cara ao próximo curso. A inscrición poderase formalizar ata o xoves 15 de maio na sede electrónica municipal e nas oficinas do Concello. O horario que ofrece é continuado, de 7.30 a 15.30 horas, con opción de media xornada. Os usuarios deberán levar os seus propios alimentos.