
O pleno retirou un camiño de servidume do inventario municipal
02 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.Conciso pleno o celebrado o xoves en Cerceda con tan só dous puntos a destacar na orde do día. Só o BNG abstívose na aprobación do POS Adicional: 21.000 euros da Deputación para un proxecto de 30.000, consistente nunha obra de drenaxe na Galiña, parroquia de Cerceda. «É unha mellora dunha ponte por riba do rego de Cotovil, necesaria porque trátase dun camiño que vai dar aos montes e para que así poida albergar maquinaria pesada», dixo o alcalde, Juan Rodríguez. Os socialistas pediron «planificar máis obras» e os nacionalistas «negociar». Tamén se retirou por unanimidade un camiño de servidume en Ou Pedamúa, Meirama, do inventario municipal. Houbo moitas preguntas e dous rogos.