
O sábado celebrouse a segunda edición do Trofeo Concello de Cerceda
24 mar 2025 . Actualizado á 18:51 h.A piscina municipal de Cerceda acolleu o sábado a segunda edición do Trofeo de Salvamento e Socorrismo Concello de Cerceda. Unha magnífica xornada de convivencia entre equipos da comarca, como o club de natación local, o Santa Comba ou o Sal, da Laracha, que se proclamaría ao final do día campión por equipos da competición conxunta.


Entre alevíns, infantís, cadetes e deportistas sénior, participaron unhas 160 persoas nas distintas probas que levaron a cabo pola mañá e pola tarde, superando a cifra do ano pasado.

En Cerceda batéronse, ademais, dúas novas marcas galegos. E os dous por deportistas do Sal. Pedro Caamaño Verdia superou unha marca que xa era súa nos 50 metros remolque de manequín. Parou o crono en 34,34 segundos. David Fraga, pola súa banda, bateu a marca autonómica dos 100 metros socorrista, cun tempo de 54,2 segundos.


Na entrega de medallas participaron o concelleiro de Deportes Óscar Golán, Óscar Golán, o concelleiro de Medio Ambiente, Suso Rama e, por parte do Club Natación Cerceda, Inés e Patricia.