«Cee está de moda»: foron días de campaña comercial 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Actividade comercial esta fin de semana en Cee
Actividade comercial esta fin de semana en Cee ANA GARCÍA

O comercio de proximidade foi posto en valor con variada actividade

08 sep 2026 . Actualizado á 05:00 h.

A Asociación Comercio de Cee promoveu nestes días pasados unha nova campaña para dar a coñecer o bo e variado produto que se pode atopar nos seus establecementos. Tamén servizos. Baixo o lema de «Cee está de moda» tratouse de sacar á rúa todo ese potencial, con actividades como a desta imaxe. Houbo tamén ruta de petiscos, premios e música en directo, iniciativas todas elas con fin común e que chegan despois daquela última campaña da campá.