Paseniño celebrará unha xornada sobre retos educativos en alumnos con necesidades especiais

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Casa da Cultura de Cee
Casa dá Cultura de Cee ANA GARCÍA

Será en Cee o sábado 20

12 dic 2025 . Actualizado á 00:17 h.

A asociación Paseniño celebrará o sábado 20 deste mes unha xornada que servirá para pechar a súa escola de familias 2025. Será na Casa dá Cultura de Cee e o encontro estará centrado nas dificultades e os retos educativos en alumnos con necesidades educativas especiais e necesidades específicas de apoio educativo.

O acto, que se desenvolverá ao longo da mañá, vai dirixido a familias, profesores e profesionais da educación. «Pretende promover unha reflexión colectiva sobre a realidade que viven moitos nenos e nenas», trasladan desde a entidade.

Charla de Carina Mouzo

O programa arrincará ás 10.30 horas cunha charla impartida pola educadora e psicopedagoga Carina Mouzo, que abordará a diversidade de perfís e os protocolos de detección, entre outras cuestións. Ás 11.30 abrirase un espazo de café para compartir experiencias entre os asistentes. E xa as 12.15 celebrarase unha mesa redonda para dar lugar a un debate participativo sobre a situación actual. A actividade contará con servizo de canguro gratuíto, que debe solicitarse no formulario dispoñible en pasenino.com.

Patrocina este evento a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta e colabora o Concello. Desde Paseniño animan a todos os interesados a participar: «E? unha oportunidade para aprender, compartir e construír comunidade arredor da inclusio?n educativa. Canto ma?is tecemos redes, ma?is avanzamos cara a unha educacio?n que responda realmente a?s necesidades dos nenos e nenas».

O prazo para inscribirse conclúe o vindeiro luns.