Premio á súa proposta de negocio para o IES Fernando Blanco de Cee

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CEE

BASILIO BELLO

No concurso Atrévete a ter unha idea, unha iniciativa da Xunta que promove o emprendemento

14 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Un total de 119 alumnos de dez centros galegos, entre eles o IES Fernando Blanco de Cee, foron premiados no concurso Atrévete a ter unha idea, unha iniciativa da Xunta que promove o emprendemento. Este programa recoñece as mellores iniciativas e ideas de negocio entre escolares. Está enmarcado no Plan Eduemprende, que ten aberta a convocatoria deste ano. O Fernando Blanco obtivo o seu galardón coa Fernandeta.