
Logo de triunfar na plataforma Xabarin.gal como contido audiovisual, chega agora en Cee en formato de musical infantil
27 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Mañá, sábado • O auditorio de Cee acollerá mañá a penúltima función da xira do espectáculo Bibopalula, que logo de triunfar como o contido audiovidual máis visto na plataforma Xabarin.gal, foi transformado para as táboas en forma de musical para nenos de catro a oito anos. A cita será ás 17.30 horas e as entradas pódense mercar na páxina web do proxecto, www.bibopalula.gal. A actriz fisterrá Marta Lado é a autora e directora da peza, con cancións escritas por Andrés Mahía e compostas por Santi Jul e Iván Laxe.