Os do 83 do antigo Eugenio López de Cee reuníronse despois de 40 anos

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO / LA VOZ

CEE

O Abaladoiro | Ningúns levaban corenta anos sen verse. Comeron no restaurante Faina

17 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Trinta antigos alumnos e docentes do colexio Vila de Cee cando era Eugenio López, entre as que se atopa Concha Blanco, reuníronse o sábado para comer no restaurante Faina. Ningúns facía 40 anos que non se viran, o que fixo que as conversacións se alongasen, ata o punto de que saíron do establecemento xa ás oito da tarde.

A súa foi a novena promoción, a de 1983, e todo comezou cun grupo de WhatsApp do que forman parte 67 persoas. Moitos non puideron acudir porque residen lonxe, en Canarias ou en Suíza, pero todos os presentes decidiron que esta non será a última edición e xa están a pensar na do ano que vén. Para entón intentarase que o colectivo que está en contacto amplíese ata chegar ao centenar de membros, co que agardan ter moitos máis comensais.