
Segue crecendo a preocupación na comarca pola onda de subtraccións
15 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Segue crecendo a preocupación na comarca pola onda de roubos que se están producindo. O último tivo lugar en Cee na madrugada do pasado luns ao martes. Nesta ocasión, nun establecemento situado na Avenida Fisterra: a clínica veterinaria Argos.
Desde o negocio explican que lle romperon unha fiestra para poder acceder ao interior, e unha vez dentro, levaron algúns aparellos, como un móbil.
De novo, como vén sucedendo, trátase de subtraccións de pequeno valor, pero que deixan danos e, sobre todo, un bo susto entre a poboación.
Traballadores do centro comentaron que xa interpuxeron a correspondente denuncia na Garda Civil.