O BNG de Cee pide cambios na ordenanza de animais

m. r. CARBALLO / LA VOZ

CEE

BASILIO BELLO

Solicitará por escrito uns horarios máis amplos para que as mascotas poidan acceder ás praias

13 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG de Cee solicitará por escrito modificar a ordenanza de animais. E farao para demandar uns horarios máis amplos para que os usuarios con cans poidan gozar máis tempo con eles nas praias de xuño a setembro. Consideran os nacionalistas que a actual norma é «restrictiva de máis». Tamén pedirán habilitar algúns areais para uso libre de mascotas.