
Tiña 89 anos e será enterrada mañá luns
13 abr 2025 . Actualizado á 16:43 h.María Luisa Pérez Fiuza faleceu hoxe domingo aos 89 anos. Era viúva de Camilo Soto Domínguez (que morreu en novembro do 2020, aos 92 anos), xunto a quen fundou o histórico Hotel A Mariña de Cee, e con quen tivo dous fillos, Luisa e Camilo.
O enterro será mañá luns, con saída ás cinco menos cuarto da tarde do tanatorio A Xunqueira de Cee, funeral na igrexa parroquial, e enterro no cemiterio novo.