María Canosa recibe en Gres o premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

María Canosa, onte, co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e co presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo.
María Canosa, onte, co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e co presidente dá Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo.

A escritora ceense xa ten nas súas mans o galardón concedido pola Fundación Neira Vilas 

31 may 2022 . Actualizado á 19:21 h.

A sede da Fundación Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces), acolleu este domingo a entrega do premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia. O galardón, nesta súa primeira edición promovida dende a fundación con colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, recaeu na ceense María Canosa, como xa se tivera publicado. Sendo unha das autoras máis prolíficas da Costa da Morte, suma pois este novo galardón ao seu haber, e faino grazas ao traballo Travesía unicornio, elixido por unanimidade polo xurado entre un total de 21 orixinais presentados. Destacaron, entre outras cuestións, o seu alto valor literario

O acto de entrega deste galardón, recollido por María de mans do presidente da Fundación, Fernando Redondo, estivo amenizado coa presenza dun grupo infantil da escola de San Miguel de Sarandón, do municipio de Vedra. Realizaron unha interpretación dramatizada de dúas cancións de Neira Vilas. Asistiu, tamén, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo