Nova edición, a 38, da Semana da Familia da parroquia de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Botará a andar o luns cunha mesa redonda sobre a construción da igrexa

27 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia San Xoán Bautista de Carballo dará comezo mañá mesmo, luns, a unha nova edición da Semana da Familia. Será a número 38 e tratará temáticas como a construción da igrexa, o acompañamento dos presos no Xubileo ou a historia dos templos de Carballo:

Luns 28 · Mesa redonda «Lembrando a construción da igrexa», con José Manuel Rey Pichel, arquitecto autor do proxecto; Antón Luaces Teijido, xornalista, e Manuel Rodríguez e Xosé García Gondar, sacerdotes. Moderará o redactor de La Voz de Galicia Santiago Garrido.

Martes 29 · Conferencia do profesor, historiador e cronista de Carballo, Xan Fraga Rodríguez: «Historia dos templos de Carballo».

Mércores 30 · Misa e charla-coloquio promovida pola Delegación diocesana de Pastoral Penitenciaria sobre o Xubileo coas persoas privadas de liberdade.

Xoves 1 · «Persoeiros ilustres da Igrexa compostelá na vila de Carballo: as visitas pastorais acaecidas na parroquia», unha charla que correrá a cargo do historiador da arte e cantor oficial da catedral Luis Ángel Bermúdez.

Sábado 3 · Xubileo dos enfermos, con celebración comunitaria da unción dos enfermos ás 17.00, e confirmación, bautismo de adultos e matrimonio ás 20.00.

Domingo 4 · Misa homenaxe ás nais, coincidindo coa celebración do Día da Nai.